Despois de varios anos de traballo, o interese xerado por parte dos propietarios forestais de resinar a súas parcelas de pino mostra unha clara tendencia á alta. Sen embargo, a falta de tradición resineira na Comunidade Autónoma Galega, xunto coa escasa dispoñibilidade de estudios de investigación sobre extracción de resina e as escasas explotacións resineiras profesionais activas no noroeste peninsular, xera certa incertidume que frea o potencial progreso do sector na comunidade.

Esta situación lévanos a prantexar unha serie de parcelas de experimentación e demostración en diferentes zonas da comunidade autónoma que sirvan non só de chamada e escaparate das virtudes deste aproveitamento, se non tamén como fonte de información robusta e contrastable do potencial produtivo dos nosos montes e do rendemento das distintas técnicas de aproveitamento.

Deste xeito, prantéxanse varias parcelas de experimentación e demostración localizadas en diferentes puntos estratéxicos da Comunidade Autónoma Galega onde, tras catro anos de traballo, se detecta o maior interese por este aproveitamento. O obxectivo das mesmas será dobre cubrindo tanto aspectos de demostración como de experimentación. Por unha banda preténdese dotar ó sector dunhas parcelas permanentes de referencia sobre o aproveitamento resineiro en Galicia, que sirvan como exemplo produtivo e como apoio ás tarefas de difusión, fomento e formación desta actividade. Por outra banda, as parcelas permitirán determinar os principais parámetros que regulan a produtividade de resina dos nosos piñeirais. Con este fin, analizarase o efecto de factores intrínsecos a cada zona de actuación, á masa forestal e as variacións do método de extracción de resina.

As localizacións propostas para as parcelas de experimentación, son as que se indican a continuación:

Monte Veciñal en Man Común Ferroedo (Ferreira de Pantón, Lugo)

Monte Veciñal en Man Común Estelo (Mondoñedo, Lugo)

Monte Veciñal en Man Común Xalo (Culleredo, Coruña)

Monte veciñal en Man Común Baroña (Porto do Son, A Coruña)

Esta actividade, aínda que de xeito conxunto persegue un mesmo obxectivo, encádrase en diferentes liñas de financiación. Deste xeito:

A parcela de experimentación de Culleredo encádrase dentro do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020, co-financiado co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

A parcela de experimentación de Culleredo, identificada como CAMPO DE ENSAIO 2020/197 “Determinación do potencial resineiro no Monte Veciñal en Man Común Xalo, Culleredo”, está dotada dunha cantidade de 10.841,00 € para a súa execución durante a anualidade de 2020.

As restantes parcelas de investigación encádranse dentro das Accións de Cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal, financiadas con fondos FEADER nun 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimnentación e Medio Ambiente nun 2,5 %.

Estas parcelas de experimentación quedan recollidas dentro da ACCIÓN DE COOPERACIÓN AC2020/08 “Adaptación, mecanización e implantación de novas técnicas de resinación, co obxectivo de mellorar a obtención de resinas naturais”, dotada dunha cantidade de 102.364,00 € para executar durante as anualidades 2020, 2021 e 2022.