O conxunto de actuacións de innovación aplicada ao aproveitamento resineiro en Galicia serán executadas polas principais entidades que conforman o sector resineiro nesta Comunidade Autónoma.
Por unha banda, o CAMPO DE ENSAIO 2020/197 “Determinación do potencial resineiro no Monte Veciñal en Man Común Xalo, Culleredo será executado pola empresa Sinergias Sostenibles Resiforest S.L. (en adiante, FORESIN) e o Grupo de Xenética e Ecoloxía forestal (XENFOR) da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC) en colaboración do Monte Veciñal en Man Común Xalo.
Por outra, a ACCIÓN DE COOPERACIÓN AC2020/08 “Adaptación, mecanización e implantación de novas técnicas de resinación, co obxectivo de mellorar a obtención de resinas naturais” será executada polos membros que a continuación se indican:
Centro de Investigación Forestal de Lourizán:
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán é un referente da investigación forestal en Galicia. En particular, dende o ano 2015, desenvolveu ensaios e experiencias de resinación como continuación das realizadas nos anos 40, 50 e 60 do pasado século polo antigo Instituto Forestal de Investigacións e Experiencias (IFIE) neste mesmo centro.
Nos últimos, ensaiaron variantes do método de resinación de pica de codia, con anchos de cara variables (12, 16 e 20 cm) en unha ou en dúas caras de resinado; así como avaliaron a versatilidade do método borehole ou de taladro basal co fin de compatibilizar a dobre producción madeira-resina. Tamén teñen experiencia empregando diferentes pastas estimulantes inorgánicas con menos contido en ácido sulfúrico e actualmente están indagando no emprego de estimulantes baseados en ácidos orgánicos.
A súa labor consistirá en facer a instalación de ensaios, seguimento, toma de datos, tratamento de datos, conclusións e labores de divulgación.
Por todo elo e como membro solicitante desta acción de cooperación, será o encargado da coordinación do proxecto no seu conxunto e formará parte de cada un dos obxectivos establecidos dentro do mesmo a través da instalación de ensaios, seguimento, toma de datos, tratamento de datos, conclusións e labores de divulgación.
Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (Axente cooperante)
A MBG-CSIC como grupo de investigación de referencia internacional en interaccións pino-organismo e, en particular, no estudo da resina como mecanismo de resistencia dos piñeiros fronte aos seus inimigos naturais, realizará as labores inherentes a parte de microresinación: preparación dos piñeiros, toma de datos e tratamento dos mesmos, conclusións e labores de divulgación.
Resinas Fernández (Axente cooperante)
Resinas Fernández dispón dunha ampla experiencia en traballos de resinación e participación en diferentes estudos de investigación sobre esta mesma temática liderados polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Edgar Fernández, realizará labores de preparación dos piñeiros, resinación, toma de datos e divulgación.
Roberto Touza (Axente cooperante)
Roberto Touza, biólogo e resineiro profesional autónomo con ampla experiencia no sector resineiro en Galicia e coordinador do proxecto de innovación RESDRON, co que se pretende localizar as zonas de maior potencial resineiro en Galicia a partir de imaxes multi-espectrais realizará labores de preparación dos piñeiros, resinación, toma de datos e divulgación.
Sinergias Sostenibles Resiforest, S.L. (Axente cooperante)
FORESIN como empresa especializada na implantación da actividade resineira no noroeste peninsular e con ampla experiencia en diferentes traballos de divulgación, formación, asesoramento técnico e coordinación de diversos proxectos de investigación, realizará labores de preparación dos piñeiros, resinación, toma de datos e divulgación dentro do obxectivo de testeo das diferentes pastas estimulantes.

Comunidade de Montes de Baroña (Axente cooperante)
O MVMC Baroña trátase dunha comunidade de montes que presenta unha xestión multifuncional do seu monte na que se combina o aproveitamento madeireiro co silvopastoral e outros aproveitamentos complementarios como o apícola e o resineiro. Con ampla experiencia en traballos de resinación no seu propio monte, realizará labores de preparación dos piñeiros, resinación, toma de datos e divulgación.