Os obxectivos establecidos dentro do proxecto de innovación sobre o aproveitamento resineiro son moi diversos e terán lugar en diferentes parcelas de experimentación en función do resultado que se persegue:

Obxectivo 1: Estimar os rangos de produción no método de pica de casca comparando caras tradicionais de 12 cm fronte a caras mais anchas de 20 cm.

O ensaio consistirá en desenvolver o tradicional método de pica de casca cun ancho de 12 cm fronte a un ancho de pica de 20 cm en primeiro e segundo ano de producción e empregando sempre o mesmo estimulante. 

Este ensaio terá lugar na parcela establecida no Monte Veciñal en Man Común de Baroña, Porto do Son.

Obxectivo 2: Estimar os rangos de produción no método de pica de casca coa utilización de 3 pasta estimulantes diferentes en ancho de cara de 16 cm.

O ensaio consistirá en analizar o efecto de tres pastas estimulantes sobre a producción obtida co método de pica de casca sobre masas de Pinus pinaster e Pinus radiata.

 

As pastas a probar están elaboradas en base a diferentes sustancias estimulantes e son as que se indican a continuación:

 

  • Pasta aceda (elaborada en base a ácido sulfúrico).
  • Pasta cunningham (elaborada en base a etephon).
  • Pasta asacif (elaborada en base a ácido salicílico).

Este ensaio terá lugar nas parcelas de experimentación establecidas no MVMC Baroña (Porto do Son), MVMC Ferroedo (Ferreira de Pantón), MVMC Estelo (Mondoñedo) e MVMC Xalo (Culleredo).

Obxectivo 3: Avaliar a eficacia das distintas pastas estimulantes sobre a produción total e a dinámica de fluxo de resina mediante técnicas de microrresinación e determinar o valor preditivo da técnica de microrresinación como ferramenta para avaliar a eficacia de distintas pastas estimulantes en resinación convencional.

A comparación dos resultados dos experimentos mediante micorresinación cos resultados obtidos mediante resinación convencional permitirá determinar o valor preditivo das técnicas de microrresinación como ferramentas para avaliar a eficacia de distintas pastas estimulantes en resinación convencional. A súa vez, a realización da experiencia en varios montes, campañas de resinación e en distintas especies permitirá avaliar como a influencia do ambiente espacial e temporal afecta a eficacia das distintas pastas estimulantes.

 

Ao igual que o obxectivo 2, os ensaios realizaranse nas parcelas de experimentación establecidas no MVMC Baroña (Porto do Son), MVMC Ferroedo (Ferreira de Pantón), MVMC Estelo (Mondoñedo) e MVMC Xalo (Culleredo).

Obxectivo 4: Conseguir a partir do método Borehole unha resina natural de alta calidade destinada a formulación de compostos de uso humano ou animal mediante a aplicación de estimulantes compatibles conservando todos os compostos volátiles.

O ensaio consistirá en lograr un eco-estimulante que aplicado sobre o método borehole consiga aumentar a producción de resina natural pura.

 

Este ensaio probarase nas parcelas de experimentación do MVMC Baroña, Maceda, Rosal e A Guarda.

Obxectivo 5: Proba piloto para mecanizar o proceso manual de resinación mediante amoladora para a realización de pica de casca por raión.

O ensaio consistirá en realizar probas de pica de casca cunha amoladora a batería cun disco groso que permite realizar picas en forma de raións de forma mecanizada evitando así o traballo con ferramentas manuais tradicionais. 

 

Este ensaio realizarase na parcela de experimentación localizada no MVMC Baroña, Porto do Son.

avia masters
neyine giriş
polskie kasyno online
casibom giriş adresi
sugar rush 1000
pinco giriş