Cal é a pasta estimulante coa que podemos obter unha maior produción de resina?

O gráfico represente a cantidade  de resina obtida na campaña do 2021 coas tres pastas estimulantes (Cunningham, Salicílica, Zeta e Control)

Cada barra corresponde á suma da produción de resina obtida con cada unha das pastas estimulantes ensaiadas (na totalidade das parcelas de ensaio) resinando co método tradicional.

Comparando as producións de resina para cada unha das pastas, constátase que a maior produción obtívose, en ámbalas dúas campañas, empregando pasta Salicílica (SAL).

Na campaña do ano 2020, o incremento no fluxo de resina empregando pasta Salicílica respecto ao control (CTR) sen pasta foi do 4,8%. No ano 2021, a Salicílica foi novamente a pasta máis produtiva pero produciuse unha lixeira diminución respecto do control, en comparación co ano 2020, xa que o incremento situouse no 4,2%.

Con relación ás demais pastas, o seu comportamento foi igual nas dúas campañas, sendo a pasta   Cunninghman (CUN) a segunda máis produtiva e a Zeta (ZET), a menos produtiva.

 

 

 

Inflúe a pasta estimulante empregada segundo a especie de piñeiro para obter mellores rendementos?

 

O gráfico representa a cantidade de resina extraída nas campañas correspondentes a os anos 2020 e 2021 respectivamente, para as dúas especies estudadas (P. pinaster e P. radiata), en función do tipo de pasta aplicada  (Control, Cunningham, Salicílica, Zeta

pasta Salicílica segue sendo a que permite obter maiores producións de resina, independentemente da especie. Séguelle, en produtividade, a parta Cunninghman e, finalmente, a Zeta, sendo sempre maior a produtividade cando se aplica sobre P. pinaster ca sobre P. radiata.

Para a especie P. pinaster, a pasta Salicílica permitiu obter un incremento do 5% sobre o control na campaña do 2020, e do 4,3% na do 2021.

Para a especie P. radiata, a pasta Salicílica permitiu obter un incremento do 4,2% sobre o control na campaña do 2020, e do 4,1% na do 2021.

O menor incremento respecto do control  das tres pastas sobre as dúas especies e as dúas campañas de estudo, corresponde á aplicación de pasta Zeta sobre P. radiata na campaña de 2020. Neste caso, o incremento da produción de resina respecto da cantidade de resina obtida dos pés control foi do 2,6%.

 

 

 

Cal é a periodicidade de pica máis axeitada para cada pasta co fin de conseguir as maiores producións?

Para dar resposta a esta pregunta calculamos o efecto das distintas pastas estimulantes (Cunningham, Salicílica, Zeta e control) sobre a cantidade de resina acumulada ao final da campaña 2021 para cada unha das diferentes periodicidades de picas.

A metade dos piñeiros prácticóuselles unha nova pica cada 14 días e a, outra metade, cada 21 días.

Cada unha das barras do gráfico representa a produción de resina acumulada ao final da campaña 2021. Esta cantidade obtense sumando as producións individuais de todos os piñeiros que foron picados coa mesma periodicidade e estimulados coa mesma pasta,  sen diferenciar localizacións nin especie á que pertencen.

Analizando o gráfico constátase que a produción de resina foi maior no caso das picas realizadas cada 14 días para todas as pastas avaliadas. 

Para ámbalas dúas periodicidade, a pasta Salicílica foi a que permitiu obter maiores producións. O incremento respecto do control foi de 4,3 veces no caso das picas a 14 días, e de 4,4 veces para as picas a 21 días.

Para a pasta Cunningham, a segunda en produtividade, o incremento respecto do control foi de 4,1 veces no caso das picas a 14 días, e de 4,2 veces para as picas a 21 días.

Finalmente, para a pasta Zeta, a menos produtiva das tres ensaiadas, o incremento respecto do control foi de 3,5 para ámbalas dúas periodicidade de picas.

 

 

 

Inflúe a localización das parcelas para elixir unha ou outra pasta estimulante e así obter unha maior produción de resina?

 

Unha vez se verifica que a pasta Salicílica permite obter unha maior produción de resina independentemente da especie, procédese a comprobar se esta vantaxe sobre o control e as demais pastas se mantén sexa cal sexa a localización das parcelas.

Nos gráficos representamos a cantidade de resina extraída na campaña do ano 2020 e 2021, respectivamente,  para cada unha das seis parcelas de estudo, en función do tipo de pasta empregada.

 

Gráfico 1:  (S1 = P. radiata Pantón, S2 = P. pinaster Pantón, S3 = P. pinaster Culleredo, S4 = P. pinaster Mondoñedo)

Gráfico 2: (S1 = P. radiata Pantón, S2 = P. pinaster Pantón, S3 = P. pinaster Culleredo, S4 = P. pinaster Mondoñedo, S5 = P. radiata Baroña e S6 = P. pinaster Baroña).

 

Analizando os datos de produción por localización para as diferentes pastas obsérvase que, na campaña do 2020, a pasta Salicílica volveu ser a pasta para a que se rexistrou unha maior produción de resina, nas catro parcelas de estudo.

Seguindo a tendencia xa rexistrada para o factor especie, a segunda pasta máis produtiva foi a Cunnigham, en todas as localizacións. Pola súa banda, a menos produtiva foi a Zeta en todas as localización agás na parcela de P. pinaster de Mondoñedo, na que a produción con esta pasta foi un 7%  superior á obtida coa Cunningham. Cabe mencionar que os resultados nesta parcela poden estar fortemente influenciados polo deteriorado estado sanitario da masa resinada.

Se se analizan os datos da campaña 2021 constátase un cambio no comportamento relativo das pastas e rómpese a tendencia xeral de maior produtividade da pasta salicílica. 

Así, no 2021, a pasta Salicílica foi a máis produtiva na parcela de Mondoñedo (S4) e nas dúas de Baroña (S5 e S6). Na parcela de P. pinaster de Pantón (S2) a produción con esta pasta igualouse á rexistrada para a Cunningham. 

Nas restantes parcelas, é dicir, P. radiata de Pantón (S1), e P. pinaster de Culleredo (S3), a pasta que resultou nunha maior produción foi a Cunnigham.