En zonas con escasa ou nula tradición resineira, onde a silvicultura está orientada á obtención de madeira, os propietarios, os posibles traballadores e as administracións públicas son reticentes, ou a lo menos escépticos a explotar este recurso, existindo un gran descoñecemento en canto a correcta execución deste aproveitamento.
Por elo, a correcta transferencia de información cara a sociedade en xeral e o sector forestal no seu conxunto é de máxima importancia. Só así se logrará unha correcta implantación do aproveitamento resineiro en novas zonas de actuación e unha profesionalización do sector.
A transferencia das innovacións e metodoloxías derivadas da execución do CAMPO DE ENSAIO 2020/197 “Determinación do potencial resineiro no Monte Veciñal en Man Común Xalo”, Culleredo” e da ACCIÓN DE COOPERACIÓN AC2020/08 “Adaptación, mecanización e implantación de novas técnicas de resinación, co obxectivo de mellorar a obtención de resinas naturais” será un pilar transversal e básico do grupo de traballo conformado.
.